ACAMPADA PONTEVEDRA

— Quen somos?

A acampada de Pontevedra organizámola distintas veciñas da cidade:

Somos un movemento pacífico de protesta, organizado de forma asamblearia e horizontal, que nos unimos a loita estatal polo dereito a acceder a unha vivenda digna e asequible, que nos permita crecer e vivir nos nosos barrios.

Buscamos tecer rede veciñal, crear espazos de encontro que nos permitan compartir, aprender e crear xuntas. Espazos que pouco a pouco están a extinguirse na nosa cidade, sendo os mesmos fundamentais para frear o individualismo voraz ao que nos enfrontamos.

Isto non xorde da nada, levamos anos escoitando soar a alarma habitacional, vendo os prezos do aluguer alzarse ao mesmo ritmo que se baleiran fogares e se priorizan os intereses privados da especulación, intereses que coma sempre, marxinan ás máis vuilnerábeis.

O barrio muda de pel, e xa só o habitan aqueles que afogan e consomen a vida da cidade. Por iso non deixaremos de berrar polo que nos pertenece, sentíndonos obrigadas a decir basta, a levantar as nosas tendas e tomar as rúas.

— Que buscamos

  1. Consolidación da vivenda como quinto pilar do Estado de benestar.
  2. Aplicación efectiva das reformas estatais da vivenda pola Xunta de Galicia, garantindo o desenvolvemento das medidas destinadas á protección das inquilinas e recoñecemento e cese do boicot ás zonas tensionadas.
  3. Alugueiros asequibles vinculados proporcionalmente aos ingresos dos fogares.
  4. Estabilidade nos contratos de alugueiro e fin dos abusos coas fianzas e reparacións.
  5. Conxelación dos alugueiros mentres dure a emerxencia habitacional.
  6. Limitación á vivenda turística.
  7. Recuperación de vivendas baleiras para uso residencial.
  8. Impedimento de desfiuzamentos sen garantía de alternativa habitacional e protección fronte ao acoso e ás prácticas de desokupación.
  9. Prohibición dos grupos adicados ao acoso e desafuizamento das inquilinas.
  10. Medidas reais contra a especulación e determinadas operacións de fondos de investimento.
  11. Redefinición do concepto lexislado de grandes propietarios.
  12. Protección especial para os colectivos máis desfavorecidos, garantindo o acceso á vivenda das persoas migrantes, persoas en situacións vulnerabeis, familias monomarentais ou con baixos ingresos e demais colectivos en risco de exclusión residencial.
  13. Expropiación e socialización das vivendas dos grandes propietarios: Fondos voitre, bancos e empresas e institucións exentas de IBI.

@acampada.pontevedra

acampadapontevedra@gmail.com